Dende Conecta Ourense convidamos ás empresas interesadas a participar na Presentación de Resultados e Experiencias sobre o Programa Pegada de Carbono, unha sesión presencial aberta na que se darán a coñecer os principais resultados acadados polas empresas participantes na 3ª edición do Programa Conecta Ourense Pegada de Carbono, centrado nos alcances 1 e 2.
A xornada permitirá coñecer experiencias de empresas que incorporaron o cálculo da pegada de carbono, a elaboración de plans de descarbonización e o rexistro oficial como ferramentas para mellorar a súa competitividade, anticiparse ás novas esixencias do mercado e avanzar cara a modelos empresariais máis sostibles.
Presentación de Resultados e Experiencias sobre o Programa Pegada de Carbono
📅 Data: 23 de xuño de 2026
🕛 Hora: 12:00 h
📍 Lugar: Confederación Empresarial de Ourense
📝 Inscrición:
Programa da xornada
12:05 h | Presentación de resultados e boas prácticas empresariais en materia de Pegada de Carbono
12:20 h | Da medición á acción: experiencias empresariais
Mesa de experiencias con empresas participantes que compartirán como o cálculo da pegada de carbono, os plans de descarbonización e o rexistro oficial se converteron nunha ferramenta práctica para mellorar a súa competitividade e prepararse para os novos retos do mercado.
12:45 h | Entrega de diplomas
Recoñecemento ás empresas da 3ª edición do Programa Conecta Ourense Pegada de Carbono, que completaron con éxito o proceso de cálculo, elaboración do plan de descarbonización e rexistro oficial da súa pegada de carbono.
Empresas participantes
Bodegas Campante, de Puga; Eleko Tecnoloxía e Innovación, de San Cibrao das Viñas; Gómez y Crespo, de Quintela de Canedo; Granitos del Val, de Mugares; Grupo Tecnogap Atlántico, de Pereiro de Aguiar; e Maderas Rubén Galicia, de Vilamarín.
Desde a CEO, a través de Conecta Ourense, seguimos impulsando iniciativas que axudan ás empresas ourensás a incorporar a sostibilidade como unha ferramenta práctica de mellora, adaptación e competitividade.