Plan Reactiva Mulleres Ourense

O “Plan Reactiva Mulleres Ourense” que levaremos a cabo en toda a provincia de Ourense. Trátase dun programa, dirixido a mulleres desempregadas, financiado pola Deputación Provincial de Ourense, que suma 15 horas de formación distribuídas en cinco sesións (luns a venres).

Levaranse a cabo seis programas nas datas, horarios e coa distribución xeográfica que se indica a continuación:

O obxectivo fundamental do programa é apoiar a mulleres desempregadas que necesiten reincorporarse ao mercado laboral ao atoparse nunha situación de vulnerabilidade derivada, fundamentalmente, da perda do seu emprego durante a crise derivada da COVID-19, levando a cabo unha serie de actividades que doten ás participantes de habilidades, coñecementos e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego e desenvolverse mellor nun posto de traballo nun entorno competitivo.

Levarase a cabo de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom. Para o desenvolvemento das sesións accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.

A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orde de solicitude.

Podes realizar a túa inscrición previa abrindo o seguinte enlace:  https://forms.gle/woGyJpyr8L1jcrZ38

Podes ampliar a información deste programa no seguinte enlace:

Para calquera dúbida, tamén podes chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos teus datos a reactivamulleres@ceo.es