Presentamos o “Plan ReActiva Ourense_Busca de Emprego”, trátase dun programa de acompañamento activo para a incorporación ao mercado laboral de persoas da provincia de Ourense en situación de desemprego, que conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense.

Levaranse a cabo un total de catro programas, o primeiro deles, do 21 ao 24 de maio. A duración total é de 15 horas de formación conxunta en competencias e habilidades útiles para a procura de emprego, 1 hora de seguimento individualizado por participante, de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom, e unha xornada presencial de dúas horas de duración. Para o desenvolvemento das sesións online accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.
O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas da provincia de Ourense. Para elo deseñarase un itinerario formativo dotando aos/ás participantes das habilidades, coñecementos e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral e desenvolverse mellor nun entorno competitivo.
A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orden de solicitude.
Pode realizar a súa inscrición no seguinte boton:

Pode ampliar a información dos contidos na seguinte ligazón do programa:
A continuación indícanse as datas e horarios dos catro programas que se levarán a cabo:
MAIO | Luns 20 | Martes 21 | Mércores 22 | Xoves 23 | Vernes 24 |
09:45-13:00 horas | 09:45-13:00 horas | 09:45-13:00 horas | 09:45-13:00 horas | ||
Luns 27 | Martes 28 | Mércores 29 | Xoves 30 | Vernes 31 | |
Actuacións de metoring e seguimento individualizado (1 hora online por participante) | Xornada Demoday 12:00 -14:00 horas | ||||
XUÑO | Luns 10 | Martes 11 | Mércores 12 | Xoves 13 | Vernes 14 |
09:45-13:00 horas | 09:45-13:00 horas | 09:45-13:00 horas | 09:45-13:00 horas | ||
Luns 17 | Martes 18 | Mércores 19 | Xoves 20 | Vernes 21 | |
Actuacións de metoring e seguimento individualizado (1 hora online por participante) | Xornada Demoday 12:00 -14:00 horas | ||||
SETEMBRO | Luns 23 | Martes 24 | Mércores 25 | Xoves 26 | Vernes 27 |
10:00-13:00 horas | 10:00-13:00 horas | 10:00-13:00 horas | 10:00-13:00 horas | 10:00-13:00 horas | |
OUTUBRO | Luns 30 | Martes 1 | Mércores 2 | Xoves 3 | Venres 4 |
Actuacións de metoring e seguimento individualizado (1 hora online por participante) | Xornada Demoday 12:00 -14:00 horas | ||||
NOVEMBRO | Luns 25 | Martes 26 | Mércores 27 | Xoves 28 | Vernes 29 |
10:00-13:00 horas | 10:00-13:00 horas | 10:00-13:00 horas | 10:00-13:00 horas | 10:00-13:00 horas | |
DECEMBRO | Luns 2 | Martes 3 | Mércores 4 | Xoves 5 | Vernes 6 |
Actuacións de metoring e seguimento individualizado (1 hora online por participante) | |||||
Luns 9 | Martes 10 | Mércores | Xoves | Vernes | |
Actuacións de metoring e seguimento individualizado (1 hora online por participante) | Xornada Demoday 12:00 -14:00 horas |
Para calquera dúbida, tamén pode chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos seus datos a reactivaourense@ceo.es