Presentamos o «Plan ReActiva Ourense Emprendemento». Trátase dun programa de formación e sensibilización dirixido a persoas emprendedoras que teñen un proxecto de creación de empresa e/ou persoas xa empresarias da provincia de Ourense, conta coa financiación da Deputación Provincial de Ourense.
O obxectivo fundamental do programa, é proporcionar un asesoramento práctico e individualizado que posibilite proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado, desenvolver o Plan de Negocio/Mellora e establecer unha estratexia dixital e coñecer a súa verdadeira situación para poder actuar en consecuencia sobre a base dos elementos obxectivos do Modelo de Negocio Canvas que disporá cada participante á finalización do mesmo.
Con este obxectivo, se desenvolve este programa dirixido ao colectivo de persoas emprendedoras e empresarias, que queiran consolidar o seu negocio, que posibilitará coñecer a verdadeira situación do proxecto e poder actuar en consecuencia sobre a base dunha análise de viabilidade económica do mesmo.
Despois da exitosa primeira quenda, que tivo lugar do 3 ao 28 de xuño, e sumou un total de 18 horas de formación on line conxunta, distribuidas en seis sesións, en horario de 16:00 a 19:00 horas, 1 hora de seguimento individualizado por participante, de xeito 100% online a través da plataforma Zoom, e unha xornada presencial de dúas horas de duración.
Para o desenvolvemento das sesións online accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.
A continuación indícanse as datas e horarios:
A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por orden de solicitude. Pode realizar a súa inscrición no seguinte botón:
Pode ampliar a información dos contidos formativos no arquivo adxunto.
Para calquera dúbida, tamén pode chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos seus datos a reactivaourense@ceo.es