A nova lei que regula a actividade mineira en Galicia permitirá que o sector medre un 23% e xere máis de 800 novos postos de traballo

• Así se puxo de manifesto na xornada técnica “Perspectivas de futuro para o sector mineiro”, promovida hoxe en Ourense polo Clúster da Pizarra, o Clúster do Granito, a Cámara Oficial de Minaría de Galicia e a Asociación Galega de Áridos

• Expertos procedentes do eido académico e alcaldes de municipios mineiros coincidiron en destacar que a nova norma promoverá a dinamización dun ámbito de actividade moi relevante para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia

• O foro foi inaugurado polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e polo director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, quen sinalou que a Lei de Implantación
Empresarial en Galicia favorecerá o desenvolvemento dunha minaría Comunidade

Na actualidade, a minaría achega un 1 ,05% do Produto Interior Bruto (PIB) galego e xera máis de 5.000 empregos directos na Comunidade. Unhas cifras que, segundo se puxo de manifesto hoxe no marco da xornada técnica “Perspectivas de futuro para o sector mineiro galego”, se verán incrementadas coa Lei de Implantación Empresarial en Galicia, que reordena a actividade mineira e que foi aproba da recentemente polo Parlamento. Ao abeiro d este texto legal crearanse máis de 800 novos e mpregos no sector mineiro galego e contribuirase ao crecemento do noso PIB en máis de 156 millóns de euros.

A xornada técnica para anali zar as perspectivas de futuro do sector mineiro galego celebrouse esta mañá na sede da C onfederación de Empresarios de Ourense. O foro, promovido conxuntamente pola Cámar a Oficial Mineira de Galicia, o Clúster da Pizarra, o Clúster do Granito e a Asociación Galega de Áridos, analizou particularmente a implantación da nova norma, que contribuirá á din amización do sector mineiro galego cun crecemento estimado do 23%.

Procedemento máis doado e claro

Durante súa intervención no foro, o catedrático da Escola de Enxeñería de Minas da Universidade de Vigo, Javier Taboada Castro, cualificou como “moi interesan te” o novo texto legal, xa que “facilita e aclar a os trámites administrativos para poder realiza r a explotación de minas na Comunidade”.

Do mesmo xeito, salientou o feito de que “establece un procedemento de outorgamento de dereitos mineiros integral ao validar como autorizacións administrativas os informes preceptivos realizados pola s administracións que participaron na tramitación do dereito mineiro” ao tempo que “esti pula que o procedemento de outorgamento non comeza ata obter a certificación municipal sobre a natureza do solo”.

Ademais, a nova lexislación defende -a xuízo do catedrático da Universida de de Vigo- que a necesidade de urxente ocup ación de terreos se modulará durante toda a v ida do xacemento de forma coordinada co avance da explotación, e que o aval de restauración se axustará tamén coa planificación desta. Finalmente, cualificou de “avance cualitativo” que “os concursos de dereitos mineiros caducados se fagan inmediatamente despois da súa caduci dade”.

Facilita o acceso ao solo emp resarial

A continuación, interveu n a xornada técnica o catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela, Luís Míguez Macho, que destaco u que a nova Lei “pretende facilitar o acc eso ao solo empresarial e simplificar os procedementos administrativos que afectan a o desenvolvemento das actividades empresariais, para facer máis sinxelo e atractivo o feito de que estas iniciativas se poidan implantar en Gali cia”.

Luís Míguez tamén fixo unh a reflexión sobre as novidades que este texto achega ao réxime xurídico da actividade mineira. Neste sentido, destacou que “introduce un procedemento integrado para que se poida n obter, nunha soa tramitación, todas as autoriz acións necesarias para desenvolver as activida des extractivas, ao tempo que garante a participación de todos os interesados mediante o trámite de información pública”.

Ademais, “regúlanse con detalle os procedementos expropiatorios ne cesarios para o desenvolvemento das activid ades extractivas, con especial atención á tutela dos afectados e mellórase a integración do estudo de impacto ambiental nos procedementos de outorgamento de dereitos mineiros”.

O catedrático de Dereito Ad ministrativo da USC subliñou tamén que a Lei de Implantación Empresarial introduce “novas garantías para asegurar a rehabilitación dos espazos afectados pola actividade mineira e ax iliza a convocatoria de concursos mineiros no caso de dereitos mineiros caducados”.

Finalmente, Luís Míguez valorou o novo texto legal na medida en que “ supón un esforzo considerable da Comunidade galega por revisar boa parte da normativa aplicable ao solo industrial e ao desenvolvemento de actividades produtivas, co fin de elim inar burocracia e simplificar os trámites admi nistrativos. “Isto vai na liña das esixencias da Unión Europea en materia de bo regulament o e pode ter un impacto positivo na atracc ión a Galicia de investimentos e iniciativas em presarias de todo tipo”, asegurou.

Mesa redonda con rexedore s municipais

A xornada técnica tamén i ncluíu unha mesa redonda na que participaro n os alcaldes de Carballeda de Valdeorras e d o Porriño, en cuxos municipios o peso económ ico da actividade mineira é moi relevante. Do mesmo xeito participou nesta mesa redonda o alcalde de Sandiás (Ourense), concello que dest aca no ámbito da produción de áridos.

A alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María del Carmen González, puxo en valor o arraigo da actividade mineira no seu municipio, “sempre ligada ao noso devir socioeconómico”. Ademais, salientou que os av ances tecnolóxicos propios deste século fan que “esta actividade sexa plenamente compatibl e e respectuosa coa preservación do medio natural no que se localiza”. Neste sentido, ase guro que se nega a compara “minaría con destru ción” posto que a actividade extractiva ten axu dado considerablemente ao progreso do seu municipio.

Neste sentido, afirmou que a minaría é un “motor económico” de primeira orde en Carballeda de Valdeorras, segundo destacou González, posto que“constitúe comodid ade para a nosa xente e facilita que se poida t raballar e residir no noso municipio”. A rexedora valorou tamén a alta taxa de empregabilidade feminina no sector, que se cifra “nun 25%”.

Pola súa banda, a alcaldesa do Porriño, Eva García, destacou que saúda a no va iniciativa legal “con optimismo” en tanto e n canto “intenta alixeirar a burocracia á que se ven sometidos moitas veces os empresarios do granito”. Xunto a insto, considerou funda mental realizar un esforzo pedagóxico maior para poñer en valor a relevancia da actividade mineira “porque é u tesouro, e non unha ameaza” .

Finalmente, o rexedor de Sandiás, Felipe Traveso reivindicou á Xunta que a nova lei “non se quede só no papel” e “que se activen os medios necesarios para o seu d esenvolvemento”, porque será moi relevante para municipios como o que dirixe, “que conta con varias explotacións areeiras”

Sustentabilidade ambiental

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, que foi o encar gado de inaugurar o foro aludiu a que a Lei a probada recentemente polo Parlamento persegue, entre outras cuestións, consolidar o sector mineiro galego. A lei, segundo considerou Tah oces, vai permitir implantar un procedemento administrativo pioneiro e moi avanzado, que abranguerá de xeito integral, todas as actuacións necesarias para o desenvolvemento da actividade.

Xunto a isto, destacou que o novo texto legal favorecerá a sustentabilid ade ambiental da actividade. Paralelamente, a lei fomentará o cumprimento dos principios de publicidade e concorrencia porque permit e, unha vez que caduquen os dereitos mineiros, que se abra un prazo dun mes para que c alquera empresa poida presentar a súa solicitude de cara a desenvolver actividade mineira neles.

Pola súa banda, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, afirmou en relación ao sector minerio que “estamos ante un sector económico no que hai un prometedor futuro” e na cidade das Burgas “somos coñecedores de que baixo os nosos pés temos oportunidades de crecemento e de futuro, e ese é o camiño que estamos trazando”.

No acto inaugural do foro ta mén interviu o presidente da Confederación de Empresarios de Ourese (CEO), José Manuel Pérez Canal, quen deu a benvida a todos os participantes ao foro e se referiu, de seguido, á relevancia que a extracción mineira posúe para o PIB provincial, facendo especial fincapé no á mbito da lousa.