IV Maratón do Miño
Espírito deportivo, competitividade, traballo en equipo, ilusión, metas comúns, trazar liñas cara a un fin compartido, esforzo constante, formación e preparación, confianza nun mesmo, o relevo xeracional, a constancia, a superación…
Baseándose nesta escala de valores e aproveitando o símil: a Fundación CEO para o Desenvolvemento Empresarial (a Fundación CEO co Deporte) puxo en marcha no ano 2007 o MARATÓN DO MIÑO, coa colaboración da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense, (AEPA), a Confederación Empresarial de Ourense (CEO), así como numerosas institucións e organizacións públicas e privadas.
![]() |
![]() |
![]() |
Desenvolve un programa pioneiro en Galicia, que permite a participación de distintas formas: correndo, camiñando ou por relevos.
O maratón é unha disciplina deportiva atlética, que debido a sua duración, tanto en distancia como en tempo, esixe ao maratoniano, unha preparación, sacrificio e esforzo, que encaixa perfectamente cos parámetros do perfil dun empresario, obxectivo da iniciativa. O deporte en xeral e o maratón, por ser unha proba de fondo, en particular, fomentan e promoven as relacións, o compañeirismo e o esforzo en común, na búsqueda dun obxectivo compartido.
Por outro lado, e como non podía ser menos, ao estar falando de Ourense e tendo en conta a distancia a percorrer na proba (42 km 195 m), elixir o trazado e o desenvolvemento da proba, enlaza cunha das vertentes mais coñecidas e valoradas da cidade, nos últimos anos: a cultura da agua, do MIÑO co seu famoso ponte romano e o seu magnífico casco vello cheo de historia.
![]() |
![]() |
Decía Alejandro Blanco, Presidente do Comité Olímpico Español e Presidente de Honor do Maratón do Miño, que non hai mellor modo de facer país que a través do deporte. O MARATÓN DO MIÑO é así, un acto deportivo que percorre as rúas da cidade de Ourense cumpriendo unha doble función: facer promoción do deporte en todas as ordes sociais e unir a todo o tecido social ourensano nun proxecto común.