O noso compromiso co desenvolvemento da provincia a través do dinamismo empresarial, pasa polo recoñecemento da importancia básica que posúe a actualización constante das capacidades dos traballadores. A CEO dispón a tal efecto dun departamento de formación preocupado por adaptar os coñecementos dos seus usuarios ás novas esixencias do mercado laboral, así como por dar unha asistencia específica e personalizada a aquelas persoas que buscan emprego.
![aula](http://www.ceo.es/wp-content/uploads/2013/08/aula.jpg)