Plan Reactiva Ourense +45

“Plan ReActiva Ourense +45”, que levaremos a cabo en toda a provincia de Ourense. Trátase dun programa de acompañamento activo para a reincorporación ao mercado laboral de persoas entre 45 e 60 anos da provincia de Ourense en situación de desemprego, conta coa financiación da Deputación Provincial de Ourense, que suma 15 horas de formación.

Levaranse a cabo seis programas nas datas, horarios e coa distribución xeográfica que se indica a continuación:

O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas entre 45 e 60 anos da provincia de Ourense que necesiten reincorporarse ao mercado laboral. Para elo deseñarase un itinerario formativo mellorando as habilidades e competencias no ámbeto dixital, co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral.

Levarase a cabo de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom. Para o desenvolvemento das sesións accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.

participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orde de solicitude.

Podes realizar a túa inscrición previa abrindo o seguinte enlace:  https://forms.gle/7ZHwD5R74oTt4TLd8

Podes ampliar a información deste programa no seguinte enlace:

Para calquera dúbida, tamén podes chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos teus datos a reactivaourense@ceo.es