É un programa de formación e sensibilización dirixido a persoas emprendedoras que teñen un proxecto de creación de empresa e/ou persoas xa empresarias da provincia de Ourense, conta coa financiación da Deputación Provincial de Ourense, que suma 30 horas de formación online conxunta e 1 hora de seguimento individualizado por participante.
As datas e horarios se indican a continuación:
OUTUBRO | Luns 2 | Martes 3 | Mércores 4 | Xoves 5 | Vernes 6 |
16:00-20:00 horas | 16:00-20:00 horas | ||||
Luns 9 | Martes 10 | Mércores 11 | Xoves 12 | Vernes 13 | |
16:00-20:00 horas | 16:00-20:00 horas | ||||
Luns 16 | Martes 17 | Mércores 18 | Xoves 19 | Vernes 20 | |
16:00-20:00 horas | 16:00-20:00 horas | ||||
Luns 23 | Martes 24 | Mércores 25 | Xoves 26 | Vernes 27 | |
16:00-20:00 horas | 16:00-18:00 horas |
O obxectivo fundamental do programa, é proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de Negocio/Mellora.
Con este obxectivo, se desenvolve un programa de asesoramento práctico e individualizado dirixido ao colectivo de persoas emprendedoras e empresarias, que possibilite coñecer a súa verdadeira situación e poder actuar en consecuencia sobre a base dos elementos obxectivos do Plan Estratéxico que dispondrá cada participante á finalización do mesmo.
Dirixido a persoas emprendedoras que teñan unha idea de negocio e desexen realizar un proxecto viable para poñer en marcha a súa propia empresa. E tamén a persoas empresarias que queiran consolidar o seu negocio, mellorar a rendibilidade ou avaliar alternativas de expansión.
Levarase a cabo de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom. Para o desenvolvemento das sesións accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.
A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orde de solicitude.
Podes realizar a túa inscrición previa abrindo o seguinte enlace: https://forms.gle/s4W6dua1ZTrSRYP7A
Podes ampliar a información deste programa no seguinte enlace:
Para calquera dúbida, tamén podes chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos teus datos a reactivaourense@ceo.es