ReActiva Ourense+Emprego

“Plan ReActiva Ourense Menores de 45 anos ”, que levaremos a cabo en toda a provincia de Ourense. Trátase dun programa de acompañamento activo para a incorporación ao mercado laboral de persoas menores de 45 anos da provincia de Ourense en situación de desemprego, conta coa financiación da Deputación Provincial de Ourense, que suma 15 horas de formación online conxunta e 1 hora de seguimento individualizado por participante.

Levaranse a cabo tres programas nas datas e horarios que se indican a continuación:

XUÑOLuns 19Martes 20Mércores 21Xoves 22Vernes 23
Formación Conxunta: 15 horas de formación conxunta + 1 Hora de seguimento individualizado por participante3 Horas –   De 9:30 a 12:30 horas4 Horas –   De 9:30 a 13:30 horas4 Horas –      De 9:30 a 13:30 horas4 Horas –   De 9:30 a 13:30 horas 
SETEMBROLuns 25Martes 26Mércores 27Xoves 28Vernes 29
Formación Conxunta: 15 horas de formación conxunta + 1 Hora de seguimento individualizado por participante3 Horas –   De 10:00 a 13:00 horas3 Horas –    De 10:00 a 13:00 horas3 Horas –      De 10:00 a 13:00 horas3 Horas –   De 10:00 a 13:00 horas3 Horas –   De 10:00 a 13:00 horas
NOVEMBROLuns 20Martes 21Mércores 22Xoves 23Vernes 24
Formación Conxunta: 15 horas de formación conxunta + 1 Hora de seguimento individualizado por participante3 Horas –   De 9:30 a 12:30 horas3 Horas –    De 9:30 a 12:30 horas3 Horas –      De 9:30 a 12:30 horas3 Horas –   De 9:30 a 12:30 horas3 Horas –    De 9:30 a 12:30 horas

O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas menores de 45 anos da provincia de Ourense. Para elo deseñarase un itinerario formativo dotando aos/ás participantes das habilidades, coñecementos  e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral e desenvolverse mellor nun entorno competitivo.

Levarase a cabo de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom. Para o desenvolvemento das sesións accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.

participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orde de solicitude.

Podes realizar a túa inscrición previa abrindo o seguinte enlace:  https://forms.gle/w7GDw9pZ4PUAHuCh9 

Podes ampliar a información deste programa no seguinte enlace:

Para calquera dúbida, tamén podes chamarnos ao teléfono 988 391 110 ou enviarnos un correo electrónico cos teus datos a reactivaourense@ceo.es