A CEO celebrou o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo cunha xornada sobre as Accións para construír unha cultura de erradicación dos riscos psicosociais no ámbito laboral.
Nela, Maribel Reinoso Rey, psicóloga, coach, facilitadora de aprendizaxe e de habilidades directivas e consultora INSIGHTS, ademáis de experta en PNL e organización emocionalmente intelixentes, falounos de prevención de riscos psicosociais, do Covid e todo o que cambiou, da saúde mental, as competencias dos líderes, o salario emocional e máis…
Como cada 28 de abril desde a Confederación Empresarial de Ourense conmemoramos o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, para promover a protección das persoas traballadoras contra os accidentes e as enfermidades profesionais en todo o mundo. Este ano baixo o lema Acábasenos o tempo. Garantir un traballo seguro e saudable agora nun clima cambiante.
Este ano a Organización Internacional do Traballo (OIT) céntrase en explorar as repercusións do cambio climático na seguridade e a saúde no traballo.
Os efectos do cambio climático repercuten na saúde das persoas e do planeta. Teñen graves efectos sobre a seguridade e a saúde das persoas traballadoras, que con frecuencia son as primeiras en estar expostas a estes perigos, a miúdo durante períodos máis longos e con maior intensidade que a poboación en xeral. Os riscos laborais aos que se enfrontan están marcados polos patróns cambiantes do clima como a calor excesiva, a radiación ultravioleta, os fenómenos meteorolóxicos extremos, a contaminación do aire no lugar de traballo, as enfermidades transmitidas por vectores e os cambios no uso de produtos agroquímicos, entre outros.
Promover, respectar e facer realidade o principio fundamental e o dereito a unha contorna laboral segura e saudable no traballo tamén implica, entón, abordar os efectos nocivos do cambio climático no lugar de traballo. É crucial incorporar a seguridade e a saúde no traballo (SST) ás políticas climáticas e, así mesmo, integrar as cuestións climáticas nas prácticas de SST. A lexislación pode necesitar unha reevaluación ou novas normativas a medida que cambian estes riscos climáticos.
A colaboración entre gobernos e interlocutores sociais é vital para as políticas de mitigación e adaptación ao cambio climático.
Con motivo do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo 2024, a Organización Internacional do Traballo (OIT) lanza un novo informe titulado Garantir a seguridade e a saúde no traballo nun clima cambiante, que revela novos datos sobre o impacto do cambio climático na seguridade e a saúde da poboación traballadora.