Departamento Xurídico – Económico -PRL
O Departamento Económico ten como obxectivo principal resolver todas as cuestións que poidan plantexar os asociados á CEO, facilitalo acceso e coñecemento de ferramentas para a xestión e mellora competitiva das empresas e tamén elaborar e procesar toda aquela información considerada de interese para os nosos asociados. Con este fin se levan a cabo as seguintes actividades:
- Organización e coordinación de foros, talleres prácticos, seminarios, …, sobre temas de actualidade empresarial.
- Promover e xestionar proxectos que permitan ás empresas ourensás introducirse en áreas novidosas, de difícil acceso ou custos elevados.
- Asesoramento e resolución de consultas en materia económica, fiscal, contable e financieira.
- Información e asesoramento na xestión de subvencions e outras axudas.
- Envío de concursos e licitacións públicas de ámbito europeo, nacional, autonómico e local.
- Punto Europa: divulgación diaria de boletín informativo sobre a actualidade da UE e información mensual de axudas, destacando o mais relevantes da UE.
- Difusión de premios e concursos do sector empresarial.
- Elaboración de informes e publicacións de interese empresarial e socioeconómico.
- Realización de estudos técnicos acerca da normativa de contenido económico, aplicable no ámbito empresarial.
- Análise dos orzamentos estatais e autonómicos e o seu impacto no ámbito empresarial.
A CEO presta un amplo servizo de asesoría xurídica ós seus Asociados, tanto no plano informativo (lexislación, informes, artigos…) coma no consultivo, xa sexa mediante atención telefónica ou persoalmente. O principal volume de consultas é de carácter laboral, se ben tamén se resolven as cuestións de dereito administrativo, civil ou mercantil que plantexan os asociados: os técnicos do Departamento Xurídico da CEO participan ademais na negociación dos convenios colectivos sectoriais da provincia, asesorando ós empresarios, sendo os seus portavoces nas reunións e redactando as actas e documentos finais.
Así mesmo os técnicos do Departamento Xurídico, participan en distintos órganos consultivos de carácter institucional en representación e defensa dos intereses dos empresarios: Consello Galego de Relacións Laborais, Consello Económico e Social de Galicia, Comité Provincial de Emprego, Comisión Executiva Provincial da Seguridade Social…
O servicio asesoramento prestase principalmente nas seguintes áreas:
- Consulta acerca de cuestións de carácter civil, e mercantil (tipos de contratos de servizos, obra, de arrendamento).
- Consultas de carácter laboral Asesoramento sobre contratos de traballo, formas e efectos da extinción do contrato de traballo.
- Información de bonificacións e subvencións.
- Asistencia a actos de conciliación
- Circulares e informes acerca de calquea tema xurídico de trascendencia empresarial.
- Asesoramento na realización de escritos de alegacións e recursos ordinarios contra as actas e resolucións recaídas en procedementos sancionadores en materia laboral e de Seguridade Social.
- Interposición de alegacións e recursos na tramitación de todo tipo de procedementos administrativos.
- Asesoramento, redacción e elaboración dos convenios colectivos.
- Asesoramento en temas de consumo e participación na Xunta Arbitral de Consumo