Comunicación

CEO e Xunta difunden o Protocolo de actuación contra a violencia sexual en espazos de ocio nocturno

  • A iniciativa pretende sensibilizar contra este tipo de violencia e erradicala dos espazos de ocio nocturnos
  • O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, animou ao tecido empresarial ourensán a adherirse a este protocolo e fomentar a súa difusión  

A CEO acolleu esta tarde unha xornada de sensibilización para concienciar ao tecido empresarial de Ourense contra a violencia de xénero, sexual e LGBTIfóbica, e erradicala dos espazos de ocio nocturno a través da adhesión ao Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGTBIfóbicas, elaborado e promovido pola Xunta. A finalidade deste protocolo é a de potenciar espazos máis seguros e inclusivos e establecer pautas de actuación nos casos destes tipos de violencia, sobre todo para protexer ás vítimas. 

A sesión contou coa presenza de Roberto Barba, director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, acompañado pola presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, quen destacou na introdución ‘o poder  da prevención, a educación e a colaboración institucional para xerar cambios reais, por iso na CEO estamos comprometidos con todas as causas que busquen erradicar a violencia en calquera das súas formas e con construír unha sociedade máis inclusiva e xusta. Deste xeito, queremos sensibilizar e concienciar ao tecido empresarial para, entre todos e todas, dar un paso máis cara á igualdade e o respecto mutuo, algo que cobra máis sentido a escasos 5 días da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O director xeral destacou que este protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGTBIfóbicas nos espazos de ocio nocturno incide na prevención e tratamento de situacións de violencia nos locais deste sector. Entre as súas liñas de actuación, pon o foco na atención á vítima de maneira confidencial e inmediata, e tamén promove que os establecementos adheridos desenvolvan iniciativas de prevención e sensibilización, en definitiva, este documento establece as pautas no caso de ocorrer unha agresión sexual ou un acto violento contra as persoas LGTBI no interior dun local. Para iso, os traballadores e traballadoras destes establecementos reciben formación para poder afrontar correctamente estas situacións e atender ás vítimas delas. 

Roberto Barba apostou por seguir impulsando a implantación do protocolo en máis establecementos e por continuar coas actividades formativas para os profesionais do sector, e animou ao tecido empresarial ourensán deste sector a sumarse a esta iniciativa. Lembrou que as empresas adheridas reciben un selo distintivo que poden amosar no establecemento co fin de potenciar espazos seguros e respostas eficaces ante estas agresións. 

Cafeína Digital, jornada para acelerar la transformación del tejido empresarial ourensano

  • La sesión repasó las ayudas de Kit Digital y Kit Consulting, abiertas todavía hasta diciembre de 2024 y octubre de 2025 
  • Con el fin de impulsar la digitalización en el tejido empresarial gallego, la Oficina Acelera Pyme de INEO cuenta con la sede de la CEO como punto de atención para las empresas de la provincia

Ourense, 13 de noviembre de 2024 || La CEO acogió esta mañana el evento Cafeína Digital, una jornada eminentemente práctica y de asesoramiento para poner a disposición de las empresas las herramientas y apoyos necesarios para acelerar su transformación digital. En colaboración con la Oficina Acelera Pyme (OAP) de INEO, la sesión contó con la participación de Luis Rey, director de Operaciones de INEO y de la Oficina Acelera-Pyme, y de Susana Sanjurjo, responsable de Desarrollo de negocio en PFS Grupo. En la introducción de la jornada, María Fernández, responsable de la oficina Acelera Pyme de la CEO, recordó la colaboración permanente de la confederación ourensana con INEO y otras entidades empresariales para dotar de servicios a esta Oficina Acelera Pyme que ‘canaliza la digitalización de nuestras empresas a través de distintas actividades, además de asesoramiento directo para la tramitación de las ayudas y de los Kit Digital y Consulting, herramientas imprescindibles para llevar a cabo esta transformación digital que hoy en día ya no es una opción, sino una obligación y una prioridad para las pymes.’ La CEO forma parte de esta Oficina Acelera Pyme de INEO desde su inicio, a finales de 2021, y ha suscrito una nueva colaboración en la etapa que comenzó en enero de este mismo año, 2024, para continuar dando cobertura y servicios digitales a las empresas ourensanas. 

Precisamente estas ayudas a la digitalización, Kit Consulting y Kit Digital, fueron el eje de las explicaciones, además de otras subvenciones para financiar esa transformación digital. También se abordaron distintas soluciones en tecnología y marketing online, ecommerce, optimización de procesos, inteligencia artificial, análisis de datos o ciberseguridad, entre otras áreas. 

Luis Rey, director de Operaciones de INEO, realizó una presentación de los servicios de la Oficina Acelera Pyme de INEO, así como un exhaustivo repaso de las convocatorias de Kit Consulting y Kit Digital, las diferencias principales entre estos dos programas, así como los conceptos subvencionables y plazos de solicitud. Mientras que el Kit Digital tiene en marcha todavía 3 segmentos de pymes beneficiarias, a partir de 0 trabajadores y es para implantar soluciones tecnológicas, el Kit Consulting está destinado a subvencionar servicios de consultoría en transformación digital y pueden solicitarlo empresas a partir de 10 trabajadores. 

Los asistentes tuvieron también la oportunidad de conversar con especialistas en digitalización y compartir experiencias con otras empresas, así como tener de primera mano la visión del agente digitalizador PFS Grupo, cuya responsable de negocio, Susana Sanjurjo, repasó las fases y la implantación de tecnología solicitadas por las empresas beneficiarias de estos programas de ayudas aceleradores de la transformación digital.

Tras la exposición de los contenidos, se llevaron a cabo los asesoramientos individuales agendados con los participantes interesados en conocer de primera mano las soluciones o ayudas más acordes con su actividad o situación. La jornada Cafeína Digital forma parte de un ciclo de 32 encuentros en diferentes puntos de Galicia que pretenden acercar a pymes la digitalización de sus procesos y servicios.  

Actualmente el Programa Acelera Pyme de INEO ya cuenta con más de 1260 inscritos a sus jornadas, más de 675 empresas impactadas y cerca de 440 empresas asesoradas. La Oficina Acelera Pyme de INEO está puesta en marcha por Red.es, entidad pública adscrita al Ministerio de Transformación Digital y Función Pública, a través de la Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial. 

Conecta Ourense Rural continúa no Barco de Valdeorras a súa rolda de presentacións

  • O acto levouse a cabo na Casa Grande de Viloira e contou coa colaboración da Asociación Empresarial de Valdeorras
  • A Oficina Conecta Ourense da CEO achega os servizos ás empresas das contornas rurais da provincia 
  • O apoio da Xunta a través do Igape e a Axencia Galega de Innovación fai posible que esta colaboración conxunta se materialice na simplificación de moitos trámites 
  • A presentación de hoxe contou con representantes das distintas entidades colaboradoras na iniciativa 
  • Impulsar o crecemento das empresas rurais e facilitarlles o acceso a información e axudas son algúns dos obxectivos desta iniciativa que ademais acompañará ás empresas en todo o recorrido 

O Barco de Valdeorras, 7 de novembro de 2024 || Esta mañá, a Casa Grande de Viloira acolleu a presentación de Conecta Ourense Rural e da Oficina Económica de Galicia. Esta iniciativa, promovida pola Confederación Empresarial de Ourense co apoio da Xunta a través do Igape e Gain, está desenvolvendo unha rolda de eventos por toda a provincia para dar a coñecer os servizos e poñer en valor  a importancia da innovación, a dixitalización, internacionalización e a sostibilidade como eixos estratéxicos para impulsar o desenvolvemento das pequenas e medianas empresas rurais. Conecta Ourense Rural ten como obxectivo achegar ás empresas do rural os recursos, asesoramento e apoio necesarios para impulsar o seu crecemento e competitividade, ofrecéndolles o acceso a servizos en áreas clave e toda a información e acompañamento para facilitarlles o acceso a convocatorias públicas de axudas. 

Na benvida da xornada participou Araceli Fernández, presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras, -Aeva-  quen salientou o gran apoio que esta oficina vén prestando no rural valdeorrés desde a súa implantación hai 3 anos, converténdose nunha ‘ferramenta valiosa para fortalecer as empresas da nosa comarca, achegándolles asesoramento especializado, acceso a axudas públicas e un acompañamento integral co que as nosas pequenas e medianas empresas puideron desenvolver o seu potencial, enfrontarse aos desafíos da dixitalización e adoptar prácticas máis sostibles’. Tamén salientou que esta oficina de carácter rural non só abre portas a novas oportunidades de desenvolvemento, senón que crea un espazo de colaboración e asesoramento continuo para detectar e fortalecer o potencial de cada empresa. 

Na presentación propiamente dos servizos da Oficina Económica de Galicia e de Conecta Ourense Rural, participaron por unha banda José Manuel Fernández, subdirector de Asesoramento Empresarial e Apoio da Oficina Económica de Galicia do Igape, que se conectou en liña para dar cumprida información sobre axudas e futuras convocatorias para apoiar ás empresas na preparación dos seus proxectos. Na súa quenda, fixo a presentación desta oficina económica da Xunta da que salientou a súa misión como como punto de referencia para facilitar e axilizar a creación e desenvolvemento de iniciativas empresariais en Galicia. A Oficina Económica de Galicia ofrece asesoramento individualizado, apoio para a implantación de empresas, acceso á financiamento e acompañamento na transformación dixital, innovación e sostibilidade, buscando desburocratizar e simplificar os trámites empresariais coa administración, actuando como xanela única para novas oportunidades. 

Conecta Ourense Rural, a carón das pemes 

Por parte da Oficina Conecta Ourense estiveron presentes a súa responsable, María Fernández, e Amparo Rodríguez,  a súa homóloga na sede de Valdeorras, que dá cobertura a toda esa contorna.  Entre as dúas puxeron sobre a mesa os obxectivos da iniciativa, destacando a participación de pemes da comarca, e explicando a metodoloxía que se pon en marcha con esta iniciativa, unha plataforma clave para fortalecer o tecido empresarial nas áreas rurais de Ourense. Ademais da presentación de hoxe, Conecta Ourense celebrará novas sesións informativas en Xinzo de Limia, Celanova, Allariz, Carballiño e Ribadavia para dar a coñecer este recurso empresarial. 

Conecta Ourense Rural estará presente por toda a provincia para acompañar ás empresas que así o soliciten en todo o proceso desde a detección das súas necesidades e o seu potencial, ata a mellora da súa competitividade a través da implantación das solucións máis axeitadas, e tamén levará a cabo un seguimento da execución das axudas coas que se implanten esas solucións, así como a tramitación final e xustificación.  María Fernández salientou a colaboración con entidades como o Igape e a Axencia Galega de Innovación, indispensables para o éxito deste proxecto que persigue tamén como obxectivos a creación de riqueza, a fixación da poboación e o asentamento de novos servizos nestas áreas rurais. 

Outro dos obxectivos é a creación de espazos de traballo nos que se levarán a cabo obradoiros para o impulso e a detección da innovación, a dixitalización e a sustentabilidade das pemes rurais; a través destes talleres formativos e casos de éxito de empresas locais, búscase promover a transformación dixital e a adopción de prácticas sostibles que aumenten a competitividade das empresas en sectores clave do medio rural. 

Nesta primeira sesión desenvolveuse  un taller de asesoramento para a identificación de retos e a exploración de solucións innovadoras que teñan opción de solicitar axudas públicas, foi a cargo de Nachy López, de Igape Responde e tamén houbo un espazo para o asesoramento individualizado ás empresas que así o solicitaron. 

La ciberdelincuencia aumentó en Galicia un 30% en los últimos dos años

  • La charla de hoy en la CEO abordó las consecuencias económicas y reputacionales de los ciberataques y qué medidas tomar para prevenirlos
  • Los ponentes pusieron el foco en los ámbitos empresarial, legal y financiero
  • Marisol Nóvoa, en su introducción, destacó la importancia de la prevención y la seguridad para atajar la ciberdelincuencia

Ourense, 7 de noviembre, 2024 || En 2024, la ciberdelincuencia se ha convertido en una amenaza crítica para las empresas en España, afectando tanto a grandes corporaciones como a pymes y autónomos. Según datos recientes del Instituto Nacional de Ciberseguridad (Incibe) y otros estudios, España ocupa la tercera posición mundial en ciberataques a empresas, solo detrás de Turquía y Japón. Las brechas de seguridad y los ataques, especialmente el ransomware y la suplantación de identidad, representan una preocupación significativa para el tejido empresarial español, que ocasiona tanto pérdidas económicas como daños reputacionales.

En el último año, se registraron más de 22.000 ciberincidentes en empresas españolas, una cifra que sigue en aumento y que subraya la vulnerabilidad en sectores clave como la banca, telecomunicaciones, y sanidad, además de grandes empresas en el IBEX 35 que han sido recientemente atacadas. La situación es especialmente crítica en el sector TMT (telecomunicaciones, medios y tecnología), manufactura, y administración pública. En respuesta a esta creciente amenaza, se espera que las inversiones en ciberseguridad en España alcancen los 2.200 millones de euros para 2025, un incremento que busca reforzar las defensas frente a la sofisticación de los ataques actuales. 

Con este contexto sobre la mesa, se ha celebrado esta mañana en la CEO la jornada ‘Ciberseguridad para empresas, riesgos y soluciones’ en la que se abordó cómo los ciberataques afectan a la banca, uno de los sectores más expuestos, y qué medidas tomar para proteger los recursos financieros de las empresas, además del papel de los abogados en la defensa de la ciberdelincuencia. La presidenta de la CEO, Marisol Nóvoa, ha intervenido en primer lugar para hacer énfasis en que ‘para proteger nuestras empresas debemos entender los riesgos, estar preparados y, sobre todo, actuar de manera proactiva con estrategias de prevención y seguridad que ayuden a contrarrestar estas amenazas’ justificando así la celebración de la charla en un momento en que la ciberdelincuencia se ha convertido en una preocupación constante en el mundo empresarial, pero también en otros sectores vulnerables como administración, banca o sanidad. Aprovechó también para recordar que en Galicia la ciberdelincuencia ha aumentado de   manera significativa en los dos últimos años, hasta en un 30%, sobre todo en el ámbito bancario y en ataques a la administración pública. 

La ponencia abordó tanto los delitos cibernéticos que afectan a la banca como el papel de los abogados en la defensa de la ciberdelincuencia. En un primer turno, Roberto Baratta, director de Riesgo No Financiero y Ciberseguridad de Abanca, explicó cómo los ciberataques afectan a la banca, su impacto en los sistemas financieros y qué medidas tomar para proteger los recursos financieros de la empresa. Baratta destacó el notable aumento de los delitos cibernéticos en el último año, afectando a numerosos clientes y generando grandes pérdidas económicas. Recomendó abordar el enfoque desde la identificación de lo que es realmente valioso para la empresa y los potenciales riesgos, para determinar las medidas que se pueden tomar ante esos riesgos. Suplantación de identidad, secuestro virtual de información, ataques a la cadena de suministro, falta de formación en políticas de seguridad y contraseñas débiles son algunos de los problemas que señaló Baratta como más habituales. La digitalización y la sofisticación de las amenazas cibernéticas obligan a las empresas a reforzar sus estrategias de seguridad y a contar con equipos especializados que permitan prevenir y responder de manera eficaz.

A continuación, María Cerviño, abogada especializada en ciberseguridad de Vento Abogados, explicó el papel crucial de los abogados en la defensa frente a ciberdelincuentes, una tarea esencial en la protección de datos y en la recuperación de activos tras un ciberataque. Cerviño subrayó la importancia de actualizar la legislación para adaptarse a las nuevas amenazas, destacando cómo la labor de los abogados se vuelve fundamental en este contexto, aunque destacó igualmente que tienen una actuación limitada por la dificultad de estos delitos y que su labor es sobre todo de fomento de la prevención. Cerviño apuntó que más del 83% de las pymes que sufren un ciberataque no están preparadas para recuperarse de los daños que les ocasiona.

También hizo referencia a los ataques cibernéticos más comunes en las empresas e hizo énfasis en la formación del personal para intentar evitarlos. Para finalizar, repasó medidas básicas de ciberseguridad como contratar servicios especializados, formar al personal, actualizar el software y antivirus, implantar una política de contraseñas fuertes y protegidas, diferencias los equipos de trabajo de los domésticos, no conectarse a redes wifi públicas y, como colofón, ante la duda, verificar la orden recibida por email en persona. 

Las claves del cumplimiento normativo laboral en empresas y organizaciones

  • La charla de hoy en la CEO resultó una guía práctica para ayudar a las empresas a entender y gestionar sus obligaciones en materia laboral
  • La sesión estuvo protagonizada por Catarina Capeáns de Vento Abogados y Asesores
  • Marisol Nóvoa, en su introducción, destacó la importancia del compliance laboral en el escenario económico actual

Ourense, 5 de noviembre, 2024 || Garantizar un ambiente seguro y equitativo para todos los trabajadores en empresas y organizaciones, tiene que ver con el cumplimiento que éstas realizan de la normativa laboral, cada vez más creciente y cambiante en nuestro ordenamiento jurídico. Esta mañana, la CEO celebró una jornada centrada en la importancia del cumplimiento normativo para que las empresas no solo eviten sanciones y problemas legales, sino también mejoren su reputación y promuevan una cultura ética que respete los derechos de sus empleados y empleadas.

El compliance laboral abarca políticas y procedimientos para asegurar que las empresas cumplen con normativas sobre salarios, condiciones laborales, igualdad de oportunidades, seguridad y salud. Cumplir con estas normativas permite a las empresas evitar sanciones, mejorar su imagen ante empleados y clientes, y promover una cultura organizativa respetuosa de los derechos humanos y laborales.

Marisol Nóvoa, presidenta de la CEO, presentó la sesión resaltando la importancia para las empresas de la normativa laboral y su cumplimiento, que ‘no sólo es una obligación legal sino también una inversión en la seguridad y bienestar de los trabajadores y la integridad de las empresas y un compromiso de responsabilidad social que es indispensable en la economía actual’.  La presidenta de la confederación dio paso a Catarina Capeáns, ponente de Vento Abogados y Asesores donde es socia responsable del Área de Derecho Laboral, y profesional con amplia experiencia en normativa laboral y su cumplimiento en entornos empresariales.

La ponente recogió y analizó todas las obligaciones y procedimientos internos que, conforme a la normativa laboral vigente, resultan obligatorios para las empresas, diferenciando entre aquellos obligatorios para cualquier empresa y los que requieren un número determinado de personas trabajadoras en plantilla. Asimismo, Catarina Capeáns hizo referencia a los procedimientos que son de carácter voluntario para las empresas. La ponente destacó la importancia del cumplimiento de la normativa vigente para evitar sanciones y mejorar la reputación en el mercado. Subrayó igualmente que cumplir no solo implica ajustarse a leyes, sino también promover una cultura ética en la que se respeten los derechos y la dignidad de los empleados.

Entre las obligaciones legales repasó las medidas de prevención de riesgos laborales, igualdad y no discriminación, además de protocolos para el uso de tecnologías y redes sociales. Recordó que las empresas con más de 50 trabajadores deben implementar planes de igualdad y LGTBI, un canal de denuncias y políticas contra el acoso laboral y sexual. Asimismo, se recalcó la necesidad de un registro salarial anual y protocolos de desconexión digital, medidas que buscan garantizar el respeto al descanso del personal.

En cuanto a la prevención del acoso, Capeáns recomendó a las empresas adoptar protocolos claros para investigar y gestionar posibles incidentes. En este punto, subrayó la necesidad de protocolos específicos para prevenir y tratar casos de acoso laboral, sexual o por razón de género, incluyendo la atención a posibles incidentes de acoso en entornos digitales. Las empresas deben tener políticas de “tolerancia cero” y establecer un protocolo de actuación que garantice la confidencialidad y el respeto hacia las víctimas, así como asegurar un ambiente laboral libre de represalias.

La ponente revisó también la responsabilidad penal de las empresas en caso de incumplimiento y abordó los delitos específicos contra los derechos laborales, como imponer condiciones perjudiciales para los empleados, no formalizar contratos o emplear a personas sin permisos de trabajo, lo cual acarrea graves sanciones.

Con las normativas en constante evolución, Catarina Capeáns finalizó recomendando a las áreas de Recursos Humanos mantenerse actualizadas, dado que los últimos años han experimentado normativas crecientes. Entre los cambios previstos próximamente mencionó la reducción de jornada sin reducción salarial, nuevas regulaciones sobre la desconexión digital y mayores derechos de conciliación laboral.

La charla resultó una guía práctica para ayudar a las empresas a entender y gestionar sus obligaciones en materia laboral, garantizando un ambiente seguro y equitativo para todos los trabajadores.

Seis empresas ourensás participan nun programa da CEO para medir e reducir a pegada de carbono nas súas actividades

  • Trátase dun programa acelerado no que as participantes obterán resultados, medicións e plan de acción despois dun mes de traballo
  • A obtención dos selos acreditativos e cumprir cos parámetros de sostibilidade a nivel europeo son algúns dos obxectivos desta actividade de Conecta Ourense
  • A Xunta, a través de Igape e Gain, apoia á Oficina Conecta Ourense que pon en marcha esta iniciativa 

Ourense, 24 de outubro, 2024_ A Oficina Conecta Ourense da CEO, apoiada pola Xunta a través do Igape e Gain, continúa coas accións encamiñadas a transformar o tecido produtivo da provincia, cara a modelos máis sostibles e innovadores. Nesta ocasión, esta mañá deu comezo o programa de medición da pegada de carbono nas empresas, un ciclo de catro sesións nas que os participantes aprenderán a medir a súa pegada de carbono, analizar os resultados e desenvolver un plan de mitigación para reducir as súas emisións .

A xornada en liña de hoxe foi informativa e nela interviñeron a coordinadora de Conecta Ourense, María Fernández, para explicar a importancia de por en marcha e aplicar estas medicións nas empresas, así como os contidos deste programa acelerado, que seleccionará seis empresas para traballar con elas en formación, estratexia e tamén nun plan de acción adaptado ás circunstancias de cada unha delas, co fin de axudalas a obter ese rexistro da pegada de carbono e as accións para minimizar o impacto da súa actividade. María Fernández explicou o contido de cada unha das outras tres sesións restantes, que se farán en liña a excepción da última, o 27 de novembro que será presencial na sede da CEO para realizar a exposición de resultados e a avaliación e conclusións finais. Nesta sesión de peche tamén se tratará como realizar o rexistro no Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico para obter os selos Calculo e Reduzco.

Tamén estivo presente na xornada inicial deste programa Eladio Otero, subdirector de Competitividade Empresarial do Igape, que falou dos servizos da Oficina Económica de Galicia e o programa Re-acciona de axuda ás empresas. Otero falou dos servizos desta oficina de recente creación, que serve de punto de punto de referencia para facilitar e axilizar a creación e desenvolvemento de iniciativas empresariais en Galicia. A Oficina Económica de Galicia ofrece asesoramento individualizado, apoio para a implantación de empresas, acceso á financiamento e acompañamento na transformación dixital, innovación e sostibilidade, buscando desburocratizar e simplificar os trámites empresariais coa administración, actuando como xanela única para novas oportunidades.

Eladio Otero comentou tamén outras liñas abertas que axudan ás empresas nas súas diagnoses e definición de follas de ruta en aspectos ambientais e de gobernanza con liñas específicas para os criterios ASG; así como o programa Re-acciona que ofrece ata 13 servizos e do que a convocatoria está a piques de pechar en novembro, pero que terá remuda a comezos do 2025 cunha nova publicación.

A sesión contou tamén coa intervención da experta en pegada de carbono Marta Sánchez, directora de PFS Grupo, consultora que guiará ás empresas participantes cara a esta medición da pegada de carbono. A relatora explicou de modo xenérico os contidos do resto das xornadas, comezando pola definición de pegada de carbono e a importancia e beneficios para as empresas de realizar esta medición. Tamén abordou o marco regulatorio desde o nivel europeo ata o autonómico e as metodoloxías de cálculo, que se farán ao longo das seguintes xornadas coas empresas participantes. Adiantou as ferramentas que se utilizarán nas vindeiras sesións para, na última delas, poder amosar os resultados alcanzados, e fixo un recorrido por exemplos reais deste avance en empresas galegas. Este programa, eminentemente práctico, tamén tratará coas empresas un plan de acción personalizado para mitigar esta pegada na actividade de cada unha delas.

Formato acelerado dun programa imprescindible hoxe en día

O formato deste programa logrará, en menos dun mes, traballar con seis empresas e presentar resultados, o cálculo dos alcances 1 e 2 e os plans de mitigación axeitados para cada unha. Estes alcances 1 e 2 da pegada de carbono fan referencia ás emisións directas e indirectas que xera unha organización; no primeiro caso as directas producidas por fontes que a organización controla, como o consumo de combustibles en vehículos ou maquinaria; e no segundo ás  indirectas asociadas á enerxía comprada e consumida pola organización, como a electricidade. Ambos alcances son esenciais para entender o impacto total dunha organización e deseñar estratexias efectivas para reducir as emisións e o impacto ambiental das actividades humanas e empresariais.

Este cálculo permite a calquera empresa ou organización ter coñecemento do impacto que a súa actividade xera sobre o clima para así emprender un camiño de mellora e compromiso coa redución deste tipo de emisións. O programa que Conecta Ourense pon en marcha pretende concienciar sobre a importancia de medir e reducir o impacto ambiental das empresas implantando accións concretas que non só favorezan a sostibilidade e a redución do impacto sobre o cambio climático, senón que tamén poidan traducirse en beneficios económicos e de reputación para as empresas. 

Conecta Ourense Rural axudará ás empresas a desenvolver todo o seu potencial 

  • Esta iniciativa nace dentro da Oficina Conecta Ourense da CEO para achegar todos os servizos ás empresas das contornas rurais da provincia 
  • O apoio da Xunta a través do Igape e a Axencia Galega de Innovación fai posible que esta colaboración conxunta se materialice na simplificación de moitos trámites 
  • A presentación de hoxe, na sede da Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao, contou coa presenza de representantes de toda as entidades promotoras deste proxecto
  • Impulsar o crecemento das empresas rurais e facilitarlles o acceso a información e axudas son algúns dos obxectivos desta iniciativa que ademais acompañará ás empresas en todo o recorrido 

Esta mañá, o evento de presentación de Conecta Ourense Rural puxo en valor a importancia da innovación, a dixitalización, internacionalización e a sostibilidade como eixos estratéxicos para impulsar o desenvolvemento das pequenas e medianas empresas rurais. A sede da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao acolleu este acto da iniciativa promovida pola Confederación Empresarial de Ourense co apoio da Xunta a través do Igape e Gain. 

Conecta Ourense Rural ten como obxectivo achegar ás empresas do rural os recursos, asesoramento e apoio necesarios para impulsar o seu crecemento e competitividade, ofrecéndolles o acceso a servizos en áreas clave e toda a información e acompañamento para facilitarlles o acceso a convocatorias públicas de axudas. 

Na inauguración da xornada participaron os máximos representantes das entidades empresariais, Marisol Nóvoa (CEO) e José Antonio Rodríguez (Polígono de San Cibrao), acompañados por  Patricia Fernández, directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación, e José Manuel Fernández, subdirector de Asesoramento Empresarial e Apoio da Oficina Económica de Galicia do Igape. José Antonio Rodríguez salientou a  importancia de conectar o rural coa cultura da innovación, ‘do que o polígono é un exemplo porque non deixamos de crecer apostando pola innovación, a sostibilidade e a dixitalizacion, e iniciativas como esta que acollemos hoxe favorecen que sigamos reforzando o noso tecido empresarial’. 

Marisol Nóvoa salientou de forma precisa na súa intervención os obxectivos cos que nace esta iniciativa enfocada ás pemes rurais nacida no seo da Oficina Conecta Ourense da CEO, ‘impulsar o crecemento das pemes do rural, facilitarlles o acceso a convocatorias públicas e crear espazos permanentes de colaboración e asesoramento’. Explicou, así mesmo, que esta presentación levarase a cabo por distintas comarcas e localidades da provincia para establecer máis adiante puntos estratéxicos de atención física e periódica nos que traballar de xeito máis próximo coas pemes usuarias deste servizo. Isto é, Conecta Ourense Rural estará presente para acompañar ás empresas que así o soliciten en todo o proceso desde a detección das súas necesidades e o seu potencial, ata a mellora da súa competitividade a través da implantación das solucións máis axeitadas, e tamén levará a cabo un seguimento da execución das axudas coas que se implanten esas solucións, así como a tramitación final e xustificación.  

Así mesmo, Marisol Nóvoa resaltou a colaboración con entidades como o Igape e a Axencia Galega de Innovación, indispensables para o éxito deste proxecto que persigue tamén como obxectivos a creación de riqueza, a fixación da poboación e o asentamento de novos servizos nestas áreas rurais. 

Conecta Ourense Rural, a carón das pemes 

A responsable da Oficina Conecta Ourense, María Fernández, explicou máis polo miúdo a metodoloxía que se pon en marcha con esta iniciativa, unha plataforma clave para fortalecer o tecido empresarial nas áreas rurais de Ourense. Ademais da presentación xa celebrada en Verín, están confirmadas para  as próximas semanas as respectivas no Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia, Celanova, Allariz, Carballiño e Ribadavia para dar a coñecer este recurso empresarial. 

Nos espazos de traballo levaranse a cabo obradoiros para o impulso e a detección da innovación, a dixitalización e a sustentabilidade das pemes rurais; a través destes talleres formativos e casos de éxito de empresas locais, búscase promover a transformación dixital e a adopción de prácticas sostibles que aumenten a competitividade das empresas en sectores clave do medio rural. María Fernández destacou a necesidade de abordar estes retos desde un enfoque que non só mellore os produtos e procesos, senón que tamén transforme os modelos de negocio para garantir un futuro máis eficiente e sostible.   

Balance de Conecta Ourense e presentación da Oficina Económica de Galicia

A directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación, Patricia Fernández, realizou un balance da iniciativa Conecta Ourense da CEO resaltando o éxito acadado na atención ao tecido empresarial nos case tres anos que leva funcionando. Neste período, salientou a directiva, as empresas contactadas por Conecta Ourense ascenden a case 700, mentres que 274 solicitaron axudas á consellería de Economía e Industria, e 87 fixeron o propio coa Axencia Galega de Innovación, das que 46 obtiveron os apoios solicitados. 

Pola súa banda, José Manuel Fernández, subdirector de Asesoramento Empresarial e Apoio da Oficina Económica de Galicia do Igape, fixo a presentación deste organismo económico de recente creación, do que salientou a súa misión como como punto de referencia para facilitar e axilizar a creación e desenvolvemento de iniciativas empresariais en Galicia. A Oficina Económica de Galicia ofrece asesoramento individualizado, apoio para a implantación de empresas, acceso á financiamento e acompañamento na transformación dixital, innovación e sostibilidade, buscando desburocratizar e simplificar os trámites empresariais coa administración, actuando como xanela única para novas oportunidades. 

O evento de presentación rematou cun obradoiro práctico de asesoramento para guiar aos presentes na identificación dos retos das súa empresas, e a exploración desas solucións innovadoras que poidan optar ás axudas públicas. A consultora de Inova Carla Piñeiro foi a encargada de abordar a innovación, dixitalización ou sostibilidade como claves de futuro. O eixo da innovación enfócase na creación ou modificación significativa de produtos, servizos e procesos para xerar un valor diferencial. A dixitalización, pola súa banda, abordouna como un motor de cambio, promovendo a integración de novas tecnoloxías para optimizar as operacións e a xestión empresarial. Finalmente, a sostibilidade é como un compoñente esencial para asegurar a viabilidade a longo prazo, fomentando un uso responsable dos recursos e a implementación de prácticas respectuosas co medio ambiente.

Sabadell Gallego y la Confederación Empresarial de Ourense se alían para facilitar el crédito a la empresa ourensana

Sabadell Gallego y la Confederación Empresarial de Ourense (CEO) han firmado un convenio para poner en marcha una línea dirigida especialmente a financiar proyectos ourensanos de inversión con el objetivo de impulsar la actividad de empresas, negocios y autónomos de la región.

El acuerdo alcanzado por Sabadell Gallego y la CEO llega en un momento de gran trascendencia, pues resulta necesario para facilitar inversiones que refuercen la capacidad de las empresas y autónomos de Ourense en su adaptación al entorno de cambios y enorme volatilidad que se vive en la actualidad. Este convenio busca aportar liquidez y dar un paso adelante al financiar inversiones que apoyen la innovación e internacionalización de la empresa y que transformen la economía hacia la digitalización y la sostenibilidad.

En el acto de firma de esta mañana, el director general de Sabadell Gallego, Pablo Junceda, indicó que ‘se trata de cumplir con nuestra función de Banco cercano a las necesidades de nuestros clientes. En Sabadell Gallego somos líderes en Banca de Empresas y siempre hemos demostrado nuestro compromiso con los empresarios y la actividad económica de Galicia en general y de Ourense en particular’.

Por su parte, la presidente de la CEO Marisol Nóvoa, afirmó que el acuerdo se produce ‘en un momento crucial en el que la apertura a la liquidez es muy necesaria, y también porque se trata de financiación de proyectos e inversiones vinculados a los ejes fundamentales en los que la CEO lleva años trabajando: innovación, internacionalización, digitalización y sostenibilidad, lo que sin duda reforzará la capacidad y competitividad de nuestro tejido empresarial’.

Al acto de firma en la sede empresarial acudieron otros directivos de la entidad bancaria: Adolfo García-Ciaño, director institucional, Rafael Mato, director regional Galicia Sur, Eloy Álvarez, director O.P. Ourense y Fernando Vieiro, director Sabadell Professional Galicia. Igualmente, el tejido empresarial estuvo representado por los integrantes del equipo de gobierno de la CEO César Blanco -vicepresidente-, Olga Santos -vicepresidenta y representante del colectivo artesano-, Beatriz Gómez -vicepresidenta y sector comercio-David Martínez -tesorero y presidente de autónomos-, Luis Novoa -contador y presidente de la asociación de autoescuelas- y Jaime Pereira, secretario general de la entidad.

O programa Fase 0 guiou a empresas ourensás para implementar a intelixencia artificial en proxectos de innovación

  • O programa, que busca impulsar a innovación nas empresas ourensás, celebrou catro obradoiros prácticos nos que participaron 13 empresas
  • As pemes participantes pertencen a sectores que van desde a alimentación á formación, pasando por enerxía ou artes gráficas
  • Na sesión de peche, Marisol Nóvoa presidenta da CEO, aproveitou para dar a coñecer o seguinte proxecto de Conecta Ourense: unha oficina itinerante para atender ás pemes do rural
  • Norberto Penedo,  director de Competitividade do Igape, participou na mostra de resultados que foron expostos por Juan Sobejano, consultor tecnolóxico de Innolandia
  • Conecta Ourense asesorou este ano a 230 empresas, entre as que detectou 125 con potencial innovador

Ourense, 8 de outubro de 2024.- Coñecer as ferramentas de IA máis axeitadas para levar a cabo proxectos innovadores; identificar e valorar os problemas da peme; propoñer solucións para atopar a máis oportuna, e desenvolvela implementando un programa atendendo a costes e tempos. Estes foron os eixos dos tres obradoiros en liña e un presencial dos que constou o programa Fase 0 a IA aplicada a proxectos de innovación no que as empresas participantes foron recibindo as pautas e información para adaptalas á problemática de cada unha á hora de abordar a innovación.

Hoxe tivo lugar a última das sesións desta iniciativa, na que as 13 empresas participantes atoparon o xeito de aplicar a IA a procesos innovadores dentro da súa actividade en sectores variados como alimentación, beleza, moda, formación, artes gráficas, madeira, enerxía, xoiería, consultaría, turismo ou sostibilidade.  A xornada desta mañá, celebrada en formato presencial desde primeira hora, serviu para desenvolver un plan de traballo detallado e convincente para cada proxecto con todo o aprendido nas sesións  anteriores.

No peche da mesma, o titor Juan Sobejano amosou o avance das catro etapas das que constou o programa, e os seus resultados globais ata chegar á fase final de hoxe. Da súa intervención, así como do traballo desenvolvido, despréndense conclusións en positivo como a capacidade de calquera empresa para innovar, un recurso que non é exclusivo das grandes compañías; tamén defendeu o poder da IA para axudar nestes procesos, máis que para substituír,  e avogou pola cooperación público-privada para mobilizar recursos e iniciativas.

Balance dos datos de Conecta Ourense

Este proxecto, coma o resto de iniciativas no marco de Conecta Ourense, foi deseñado para favorecer a adaptación do tecido empresarial da provincia aos escenarios actuais, e máis concretamente, no caso de Fase 0, para guiar ás empresas a través dunha metodoloxía contrastada para resolver retos e atopar solucións diferentes ás existentes no mercado. Este proxecto da CEO, que conta co apoio da Xunta de Galicia, a través do Igape e de Gain, busca que as empresas provinciais non só se adapten aos recentes cambios do mercado, senón que tamén se convertan en referentes de innovación.

Neste sentido, a presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, destacou no peche do programa que despois de case 3 anos de traxectoria de Conecta Ourense, ‘esta iniciativa superou as expectativas en canto a empresas atendidas e orientadas para que optimicen mellor as axudas, e para que focalicen o seu potencial e alcancen parámetros máis innovadores, modernos e sostibles na contorna económica actual’.  Nos datos que revelou Marisol Nóvoa de 2024, Conecta Ourense contactou con máis de 200 empresas que recibiron un total de 292 asesoramentos e 123 propostas a convocatorias públicas de Igape e Gain. As sesións, talleres e programas desenvolvidos por Conecta Ourense ao longo deste ano reuniron a máis de 400 participantes, e co programa rematado hoxe alcanza a cifra de quince xornadas. Conecta Ourense tamén creou grupos de traballo específicos para axudar ás empresas en todo o proceso de tramitación, execución y xustificación das axudas nas áreas de internacionalización, sostibilidade, dixitalización, competitividade e innovación.

Pola súa banda, Norberto Penedo, na súa intervención, destacou a importancia de que o tecido empresarial e a Administración vaian da man e, nesta liña, puxo en valor o papel que xoga a CEO no seu labor de apoio ás empresas ourensás. O responsable do Igape fixo fincapé en que a colaboración público-privada é imprescindible para afrontar os grandes proxectos que van permitir a transformación dixital e sostible do modelo económico, nun contexto como o actual, con moitos retos, pero tamén nun escenario con grandes oportunidades para as empresas galegas.

Conecta Ourense Rural Itinerante e o estudo da pegada de carbono, próximos proxectos

Conecta Ourense continúa coa posta en marcha de iniciativas, nesta ocasión para focalizar o apoio ás empresas nas contornas rurais e tamén para axudalas a medir a pegada de carbono na súa actividade. No primeiro caso, Conecta Ourense Rural Itinerante comeza hoxe mesmo coa presentación na comarca de Verín, para continuar percorrendo a provincia comarca a comarca. Os obxectivos que pretende esta oficina itinerante é impulsar o crecemento das pemes nas zonas rurais, facilitándolles o acceso a convocatorias públicas e crear espazos permanentes de colaboración e asesoramento. Co tempo, prevese cubrir toda a xeografía ourensá e establecer visitas de xeito periódico para que as empresas do rural poidan acceder a servizos en áreas clave de desenvolvemento  como innovación, dixitalización, internacionalización e sostibilidade.

E a finais deste mes de outubro porase en marcha un novo desafío de Conecta Ourense, esta vez centrado na pegada de carbono, para o que se desenvolverá tamén un ciclo de catro sesións de traballo coas empresas ourensás que estean interesadas en dar este paso cara a unha actividade máis sostible.

Reconocimiento a la presidenta de la CEO en la Gala Anual de la Asociación Provincial de Empresarios de Autoescuelas de Ourense

El pasado viernes, la Asociación Provincial de Empresarios de Autoescuelas de Ourense celebró su tradicional gala anual en O Barco de Valdeorras, en la que se rindió homenaje a la presidenta de la Confederación Empresarial de Ourense (CEO), Dña. Marisol Novoa Rodríguez, en reconocimiento a su sobresaliente trayectoria profesional y su liderazgo al frente de nuestra entidad.

Este reconocimiento pone de manifiesto el firme compromiso y la dedicación de Dña. Marisol Novoa con el tejido empresarial de la provincia, destacando su constante labor en la defensa de los intereses de nuestras empresas asociadas. Su gestión ha sido un ejemplo de entrega y responsabilidad, fortaleciendo el papel de la CEO como referente en el ámbito empresarial.

Desde la Confederación Empresarial de Ourense, agradecemos profundamente este significativo homenaje, que no solo refleja el esfuerzo de nuestra presidenta, sino también el de todos aquellos que, día a día, contribuyen al desarrollo y fortalecimiento del tejido empresarial ourensano.